• Boas novas sobre os plenos (e hoxe, pleno!)

    Boas novas sobre os plenos (e hoxe, pleno!)

    Varias cousas. A primeira, coido que é unha boa nova, si. Hoxe aparece difundida, como outra actividade calquera das que intervén o concello, pola axencia contratada para esas cousas, unha nova particular: que esta tarde ás oito haberá pleno. E non só iso, senón que se poderá seguir por difusión na rede, en directo e…


  • Fundindo o xeo. Que mareo!

    Fundindo o xeo. Que mareo! Que calor! 2026: un ano que aínda non rematou pero leva todas as cartas para bater unha nova marca no quecemento global dende que hai rexistros. Un quecemento global que non só segue empurrando o termómetro, senón que o fai cada vez con máis claridade: máis continuidade batendo marcas o…


  • Pintor. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    PINTOR Xosé Carlos Rodríguez Rañón O título deste artigo é o apelido do propio artista e iso xa o di todo del. O xenial e xenuíno David Pintor cumpre cincuenta anos neste mundo e trinta no do deseño, aniversarios que decidiu celebrar cunha exposición retrospectiva (denominada “Trazos”) no Quiosco Alfonso dos xardíns de Méndez Núñez…


  • Desfrutando de Galicia en bicicleta

    Despois de ser presentdo en Viveiro, chega a Ribadeo ‘La vuelta a Galicia en 80 pedaladas’. Libro feito con calma, coa calma da pedalada. Un libro que me lembra a serie de artigos no blog ‘Atravesando a península. Crónica dunha viaxe‘ sobre a travesía en bicicleta de Ribadeo a Valencia e hai tempo que quedou…


  • Clases en paz…

    Un domingo máis, en Ribadeo, concentrtación pola paz. En Palestina están regrasando á clase en medio do xenocidio. Noutros lugares, no medio da guerra. En España mesmo, no medio do odio… Fagamos a paz posible, construámos a paz!


  • Luz sobre as cámaras (de vixilancia)

    Luz sobre as cámaras (de vixilancia) Por que nos EEUU están a prohibirse as cámaras con lectores de placas de matrícula (con milleiros xa instaladas) mentres en Ribadeo aumenta o número de cámaras nas rúas? Por que, pola contra, o goberno municipal non instala un só sonómetro cando hai mesmo en marcha unha campaña de…


  • Leopoldo Calvo Sotelo, revisitado

    Onte luns tivo lugar o acto de apertura de curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Como ven sendo habitual dende hai uns anos, o acto básico foi unha conferencia. Neste caso, sobre Leopoldo Calvo Sotelo, compartida entre o seu fillo José María, a cargo de quen correu a primeira parte da charla, e de…


  • O ruído mata. Axuda a protexerte

    Si, o ruído pode matar. Ou facerte máis vulnerable ás enfermidades. Ou entolearte. Ou sinxelamente facer que non poidas durmir nin descansar. Dificulta o vivir e a convivencia. Pode que non o sufras, ou que sexa dun xeito no que nin sequera te decates. En calquera caso, as administracións, que xa teñen algunhas normas útiles…


  • 20260914, domingo de paz

    Pola paz, en Palestina e no mundo. Xuntarse é pouca cousa, pero é un xeito de tomar conciencia en conxunto.


  • Botadura do Edda Fjord

    Botadura do Edda Fjord

    10 de setembro de 2026. Os Astelerios Gondán (Gondán Shipbuilders) das Figueiras botan o seu maior buque ata o momento, o Edda Fjord (segundo a ficha, 513 OSV), deseñado por Salt Ship Design. Østensjø Rederi, a compañía norueguesa para a que xa leva consgtruídos máis dunha vintena de buques, en xeral relacionados coa atención a…


Etiquetas:

ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (939) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (571) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (979) Meteoroloxía (94) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (137) Pancho Campos (132) paz (210) pensións (99) plenos (227) política (1461) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (126) ría (161) sanidade (104) sociedade (3365) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (76) Ángel Alda (100)